A “Casa de Galicia” foi fundada o 13 de marzo de 1998, por un grupo de galegos chegados a Huelva por motivos laborais.

Á asociación otorgoúselle a condición de Centro Colaborador da Xunta de Galicia por resolución do 7 de xullo de 1998 e na actualidade conta cun total de 178 familias asociadas, das que 150 son galegas.

A presentación oficial da “Casa de Galicia”, realizouse coa celebración dunha serie de actos, destacando as conferencias sobre: “La Literatura gallega desde 1975 hasta 1998” e “Galicia en Andalucía”.

Esta presentación, estivo amenizada polo Coro Rociero do Lar Galego de Sevilla e a actuación da Coral Polifónica do Centro Gallego de Córdoba “Martín Códax”, e acompañada por productos gastronómicos galegos. Para levar a cabo este programa de actos, a Asociación contou coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Huelva e a Junta de Andalucía.

Con motivo da celebración do “Día de Andalucía”, en febreiro do 2003, a Delegación da Junta de Andalucía en Huelva fixo entrega do premio “Cercanía” á Casa de Galicia en Huelva. Este premio outorgáselle a persoas ou institucións merecedoras de tal galardón polo seu traballo e proximidade ás xentes da provincia onubense. O premio fora recollido polo entón presidente D. Manuel Lamela, gran impulsor desta entidade e que pouco despois falecía.

Nos seus inicios, utilizaron temporalmente como sede, o local do “Restaurante Las Meigas”. Nese momento, o seu principal obxectivo era conseguir un local propio onde poder realizar as distintas actividades. Por fin, o 22 de outubro de 2004 foron inauguradas as novas instalacións gracias ó esforzo e xenerosidade do anterior presidente, e precisamente en homenaxe ó seu labor o local do centro chámase Centro Galego “Manuel Lamela”.

O local está situado en pleno centro de Huelva, nunha avenida onde se ubican varios centros oficiais e próximo ao porto.

Dispón duns 400 m2 e consta de planta baixa e entreplanta: na planta baixa, con destino a Mesón-Restaurante, conta con salón multiusos (comedor, salón de actos, sala de exposicións, etc) e na entreplanta ubícanse as instalacións da Asociación (biblioteca, sala de xogos, aula, oficinas, etc.)

No ano 2003, as axudas da Consellería de Emigración usáronse para acondicionar o salón multiusos e poder utilizalo como sede durante o periodo de obras, aforrando mentras tanto o aluger do antigo local.e as do ano 2004 para rematar as obras de acondicionamento.

Visita de Xosé Neira Vilas - La Rábida

Visita de Xosé Neira Vilas – La Rábida

Ao acto de inauguración asistiron, entre outras autoridades, o Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, Excmo. Sr. D. Aurelio Miras Portugal, o Ilmo. Alcalde de Huelva, e o Ilmo. Sr. Delegado da Junta de Andalucía en Huelva.

Nas mesmas dependencias, ten a súa sede tamén a Asociación de Amigos do Camiño, e entre ambas entidades organizan destacadas actividades relacionadas coa promoción e difusión do Camiño da Prata a Compostela.