A pesar de ser un centro de recente creación ten unha grande actividade e organiza múltiples actividades de tipo cultural e recreativo:
- Curso de bolillos.
- Exposicións.
- Conferencias.
- Xuntanzas gastronomicas.
- Excursións.
Na sede social tentan dar a coñecer aos visitantes os usos e costumes de Galicia e asi ó longo do ano, a decoración varía según as distintas celebracións, con utensilios, adornos e mesmo repostería, ademáis de fotografías.
Coral de Ruada
Entre as actividades que levan a cabo destacan os percorridos do Camiño de Santiago polo Camiño Sur da Vía de la Plata, a celebración do Antroido, do Día das Letras Galegas, Festas de San Xoan, Festas de Santiago Apóstolo que se celebran coa axuda da Asociación de Veciños e o Concello de Huelva, Festa do Magosto, Festa de Nadal e Aninovo, etc. Tamén temos que destacar a recente creación da Coral Lembranza que ainda ten aberta a inscripción de novos componentes.